No SiLeNciO Da NoiTe
deixo voar a miña imaxinación
desaparezo deste mundo
adentrándome nun novo,
diferente, sorprendente, persoal,
onde o que está lonxe,
está preto;
e o imposible non existe.
Superando as leis da natureza,
desafiando as leis da gravedade.
Non hai medos, non hai tristezas,
non hai pranto, nin dor.
Só é un soño que quizá
nunca se cumprirá.
E cando desperte
todo terá rematado,
volvendo ao mundo que
abandonei no silecio
daquela noite.







